– , 19:00–21:00 h
Casa da Galería
Pepe Barro. Exposición Cabezas Cortadas.
ccc cinema cultura comunicación
– , 19:00–21:00 h
Casa da Galería
Pepe Barro. Exposición Cabezas Cortadas.
, 19:00 h
Museo do Castro de Viladonga
Evocare Pepe Coira e Orquestra Clásica de Vigo. Canto de Emigración (1934) de Antonio Román. Música Teódulo R. Páramos.
, 19:00 h
Casa da Galería
Fientosa, poeta de noso na fosa (1936, claves do asasinato). Conferencia de Ricardo Polín.
, 19:00 h
Casa da Galería
Begoña Caamaño, xornalismo para a cidadánía. Conferencia de María Xosé Porteiro e proxección do documental da RAG Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul.
Casa da Galería
Obradoiro fotográfico Olladas de auga titorizado polo “Colectivo Ollo”. Coordina Mª Soliña Barreiro, profesora da USC. Participan usuarias de COGAMI con algunha diversidade funcional.
A Fundación Margarita Ledo Andión colle corpo na Casa da Galería e abraza o cinema, a cultura e a comunicación coma signo de distinción. Velaí ese CCC co que nos identifica na nosa tarxeta de presentación.
Trátase dunha entidade de interese galego, sen ánimo de lucro, constituída en 2023 e, para alén da conservación, investigación e difusión da obra da investigadora, escritora e cineasta que lle dá nome, da promoción da cultura galega en xeral e do cinema e o audiovisual en lingua galega en particular, oriéntase a promover e desenvolver ciclos de cinema así como exposicións, xornadas, cursos e seminarios de pensamento contemporáneo con especial atención á produción desenvolvida por mulleres.
Na súa realización práctica, os programas do 2024 e 2025 reflicten este desexo e exhiben a importancia de accedermos á produción diversa na que a cultura galega se expresa, para o caso a través da literatura, a obra plástica, o documental ou o pensamento.
A Fundación custodia, asemade, a Colección museográfica Margarita Ledo Andión que se distribúe por 6 espazos expositivos que configuran un universo de relacións múltiples e abertas.
Este percorrido propón unha lectura da colección como un conxunto de espazos autónomos pero interconectados, nos que a historia aparece como unha superposición de tempos, imaxes e relatos.
O punto de partida sitúa o corpo e a mirada como construcións históricas. A práctica artística e a imaxe revelan aquí os mecanismos de exposición, control e metamorfose que atravesan a modernidade.
Obras de distintas etapas do século XX conviven nun mesmo espazo, facendo visible a historia como continuidade e ruptura. A pintura funciona como arquivo activo no que os tempos históricos se cruzan.
A fotografía introduce a dimensión documental da historia recente. Mirar é aquí un acto político: rexistrar, dar conta, preservar a memoria fronte ao esquecemento.
A historia tamén se escribe nos obxectos, nos materiais e nos saberes populares. Este espazo propón unha lectura da creación como práctica situada, ligada ao territorio e á experiencia común.
O exilio atravesa o século XX como experiencia colectiva. Obras e documentos falan dunha cultura que se reconfigura fóra do seu lugar de orixe, mantendo viva a memoria e a resistencia.
O percorrido conclúe cunha constelación de imaxes que condensan os traumas do século XX. A historia preséntase aquí como ferida aberta, como advertencia e como responsabilidade no presente.